Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aspirantes poden presentar as súas solicitudes e currículos ata o día 23 de marzo

- A selección realizarase mediante concurso oposición, que incluirá unha proba práctica e unha entrevista persoal

TractorConcello

Valga, 17 de marzo de 2023.

O Concello vén de aprobar as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun tractorista para o Servizo municipal de Obras e Medio Ambiente.

A contratación será a tempo completo, por obra ou servizo, cunha duración aproximada de seis meses.

Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, do Texto Refundido do Estatuto Básico do Emprego Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira.
  • Non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estaturarios das comunidades autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • Permiso de conducir B.

Os aspirantes dispoñen dun prazo de cinco días hábiles (ata o 23 de marzo) para presentar as súas solicitudes e currículo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do permiso de conducir B

A selección realizarase mediante o sistema de concurso oposición, que constará dunha proba práctica consistente na realización dunha tarefa propia do posto, unha entrevista persoal con preguntas relacionadas co posto de traballo e a valoración de méritos para a que os candidatos poderán presentar documentación que acredite a súa experiencia profesional. Tamén se puntuará estar en posesión do permiso de conducir C e do Certificado de aptitude profesional (CAP).

Folla de solicitude

Currículum

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver