Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Adornaron con globos azuis varios edificios públicos, como o Auditorio ou a Casa do Concello

- Tamén participaron nunha saída á Pascua de Padrón

autismo

Valga, 2 de abril de 2018.

Os usuarios do CODI conmemoraron esta mañá o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo colocando globos azuis nos balcóns en entradas de varios edificios municipais como unha acción simbólica coa que facer máis visible este trastorno. Adornaron o propio Centro para persoas con discapacidade de Baño, o Auditorio Municipal e a Casa do Concello.

Nalgúns casos, estes globos acompañáronse de pictogramas, que facilitan a comunicación das persoas con autismo. Os edificios públicos de Valga contan dende hai anos con pictogramas do sistema Arasaac, un dos sistemas pictográficos máis usados en España.

Por outra parte, os usuarios do CODI gozaron tamén dunha saída a Padrón, onde se están a celebrar as festas da Pascua. Foi ao mediodía e acudiron ao desfile de xigantes de cabezudos e prensenciaron actuacións musicais.


autismo2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver