Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os condutores deberán empregar como alternativa a vía municipal que chega ata o alto de Raxoi

- Os usuarios de transporte escolar serán recollidos e levados ás súas paradas habituais en minibús

ObrasEstradaSanMiguel

Valga, 10 de marzo 2023.

As obras de mellora da seguridade viaria que se están a executar na estrada EP-8501 Valga-Martores, á altura de San Miguel, obrigarán a cortar ao tráfico esta vía a partir do vindeiro luns, 13 de marzo.

O corte afectará ao tramo comprendido entre a igrexa e a escola de Chenlo (do punto quilométrico 1’05 ao 1’50), no que se desenvolven as obras. Os condutores deberán empregar como alternativa a estrada municipal que chega ata a parte alta de Raxoi.

No caso do transporte escolar, veranse afectados os alumnos do CEIP Baño-Xanza e do IES de Valga residentes nos lugares de Chenlo e Raxoi. Estes rapaces serán trasladados en taxi dende as paradas habituais do transporte ata o cruce de Raxoi, onde os recollerá o autobús para levalos aos seus centros educativos. Este mesmo sistema empregarase ao remate da xornada escolar, cando irán en autobús ata Raxoi e, dende alí, trasladaranse en minibús ás respectivas paradas.

A previsión é que a estrada se reabra ao tráfico o martes día 21. Calquera cambio no calendario será anunciado con antelación.

Corte copia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver