Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto de recoñecemento tivo lugar onte no Auditorio Municipal como parte da programación do 8-M

- O alcalde transmitiu o agradecemento de todo o pobo de Valga polo labor que realizan coidando ás persoas maiores e dependentes

HomenaxeSAF1

Valga, 6 de marzo de 2023.

O Concello homenaxeou onte a vinte e catro mulleres de Valga traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, un colectivo esencial no sistema de atención á dependencia e que expuxeron a súa propia saúde en momentos tan duros coma a pandemia da Covid-19.

O acto tivo lugar no Auditorio Municipal como parte da programación con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o vindeiro mércores, día 8 de marzo. As homenaxeadas foron:

• María Elena Bello González, da Torre (Campaña)

• María Esther Blanco Loureiro, da Rúa Baixa (Pontevalga)

• Naiara Borreguero Doce, do Sixto (Xanza)

• María Jesús Bouzón Lorenzo, de Laxes (Cordeiro)

• Silvia Bustelo Martínez, de Magariños (Setecoros)

• María Nieves Busto Santalla, da Torre (Campaña)

• María del Carmen Campaña Carballo, da Devesa (Campaña)

• María José Conde Paz, de Vilar (Cordeiro)

• Carmen Couselo Viaño, das Cernadas (Setecoros)

• Lorena Domínguez Costa, de Casal de Eirigo (Setecoros)

• Salomé Freiría Pardal, do Sixto (Xanza)

• María Esther García Castromán, do Sixto (Xanza)

• Sandra Garrido Lorenzo, dos Cotriños (Cordeiro)

• María del Carmen Gey Vázquez, da Devesa (Campaña)

• Montserrat Hernández Álvarez, do Carballiño (Xanza)

• María Inés Losas Rey, de Chenlo (Valga)

• Noelia Martínez Calvo, da Torre (Campaña)

• María Purificación Pérez Calvo, da Rúa Nova (Campaña)

• María Pilar Rarís Méndez, de Baño (Xanza)

• Laura Riveiro Cousiño, de Baño (Xanza)

• Lucía Rodríguez Ferro, de Campo (Xanza)

• María Rufina Saborido Fernández, de Carballiño (Xanza)

• Tamara Túñez Dasilva, de Forno (Cordeiro)

• Teresa Vejo Trigo, de Reguengo (Setecoros)

Todas elas asinaron no Libro das Mulleres e recibiron do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Igualdade, Begoña Piñeiro, unha insignia coa imaxe da Bella Otero e un ramo de flores.

O rexedor lembrou que, nun momento de dificultade extrema, estas mulleres non dubidaron en poñer en risco a súa propia saúde para protexer aos valgueses máis vulnerables: os dependentes. E fixérono a pesar do medo pola pandemia da Covid-19, nun momento no que se carecía completamente de información sobre o virus e de material para protexerse del. Por iso louvou e agradeceu o seu labor e a súa profesionalidade.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Begoña Piñeiro, referiuse a elas e ao seu traballo como “esenciais”, xa que “sen vós, os nosos maiores e persoas dependentes estarían desprotexidos. Grazas a vós, algunhas destas persoas non están completamente soas, xa que a vosa é a única visita que reciben en todo o día e axudádeslles a manter a dignidade”.

A edila indicou, na súa intervención, que “a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade” e que “todos os días son fundamentais para conseguir que as mulleres sigamos avanzando nesta en igualdade de dereitos pois, a pesar de que nos últimos tempos se acadaron moitos deles, aínda non conseguimos equilibrar a balanza”.

En representación do grupo de homenaxeadas tomou a palabra Mª José Conde, que agradeceu ao Concello “que teñan en conta a un sector tan pouco recoñecido como é o da axuda a domicilio nunha data tan salientable coma o Día da Muller. Para nós é moi importante porque nos sentimos pouco valoradas”.

A traballadora recordou os momentos de “ansiedade” que viviron durante a pandemia, especialmente ao inicio, “con medo de contaxiar ás persoas de risco das que estabamos coidando e temendo tamén pola nosa seguridade. O que sufrimos só o sabemos nós e ogallá non teñamos que volver a vivir unha situación semellante”.

Referiuse ao seu traballo como “gratificante pero duro”, por iso solicitou cambios e melloras nas condicións laborais e máis persoal que garanta que as persoas dependentes estean coidadas. “Os nosos maiores meréceno, xa que eles foron os que construíron o mundo que hoxe temos e do que desfrutamos”.

O acto contou coa actuación do trío feminino do Centro Superior de Música (CSM Galicia) formado por Irene Vázquez ao piano e as clarinetistas Paula Díaz e Aimee Rabah.

HomenaxeSAF5 HomenaxeSAF8

HomenaxeSAF9 HomenaxeSAF11

HomenaxeSAF12

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver