Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O vehículo quedará emprazado de 12:00 a 15:00 na Praza Manuel Vicente Cousiño e pola tarde, de 15:00 a 21:00, xunto ao Auditorio

- Mexillóns, chopo ou bonito serán algúns dos produtos que se poderán degustar

GaliciaSabeAmar copia

Valga, 23 de febreiro de 2023.

A campaña “Galicia sabe aMar”, da Xunta de Galicia, chega este sábado a Valga para promocionar a calidade e a versatilidade dos produtos galegos do mar e animar á cidadanía a consumilos. Unha foodtruck estará no municipio durante toda a xornada en dous emprazamentos: en Pontevalga e en Cordeiro, ofrecendo unha degustación gratuíta de petiscos a todas as persoas que se acheguen.

Serán catro as elaboracións que se prepararán na foodtruck empregando produtos certificados do mar xunto con outros da terra con denominación de orixe. En concreto, as receitas serán: croquetas de chopo con ali oli de pemento verde de Arnoia, taco de bonito con tomate cherry, mexillón con hummus de fabas de Lourenzá e pan de gambas con ventresca de bonito e maionesa de pemento vermello de Arnoia

O vehículo estará emprazado de 12:00 a 15:00 horas na Praza Manuel Vicente Cousiño, en Pontevalga, e pola tarde, de 18:00 a 21:00 horas, desprazarase a Cordeiro, nas inmediacións do Auditorio Municipal.

Con esta actividade, a Xunta de Galicia está a percorrer arredor de 260 municipios de Galicia e de España vencellados ao Camiño de Santiago co obxectivo de enxalzar a gran variedade de peixes e mariscos cos que conta a comunidade e as especiais características deses produtos, de máxima calidade.

GaliciaSabeAmar copia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver