Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizouse a demolición dalgunhas estruturas e construíuse unha rampla na parte traseira

- Os traballos foron subvencionados pola Xunta de Galicia

 

Valga, 9 de decembro de 2022.

Tralos traballos de limpeza e baleirado acometidos nas últimas semanas, continúan as obras no Punto Limpo de cara á recuperación da súa plena funcionalidade para recuperar este servizo.

A última actuación de acondicionamento levada a cabo consistiu na demolición dunha parede de bloques que separaba a parte cuberta do recinto, a retirada dunha malla metálica e a roza e limpeza da contorna. Ademais, construíuse unha rampla que une a parte alta do punto limpo coa zona cuberta para así facilitar o depósito de residuos nos respectivos colectores unha vez se poña en marcha o servizo.

Estes traballos, que tiveron un custo de 7.120 euros, foron executados pola empresa Construcciones Caamaño S.L. e subvencionados pola Xunta de Galicia, con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do programa Next Generation, da UE.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver