Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As obras, que promoven a mobilidade sustentable e a seguridade viaria, están xa en execución

- O proxecto conleva un investimento de 128.771 euros do Plan Concellos 2022-2023

ObraSendaCarballiño1

Valga, 21 de febreiro de 2023.

Un novo sendeiro peonil e para a circulación con bicicletas unirá as zonas de Pontevalga e do Carballiño, unhas obras que xa están en execución a cargo da empresa Covsa e que nas que se invisten 128.771 euros correspondentes ao Plan Concellos.

Con esta actuación continúanse mellorando e ampliando as infraestruturas de comunicación no municipio, ao tempo que se fomenta a mobilidade alternativa e activa. A senda, que parte dende a rúa Doutor de Oya Salgueiro, nas inmediacións da Casa Consistorial, ten unha lonxitude aproximada de 900 metros e discorre en paralelo á estrada existente. O seu ancho será de dous metros e o pavimento de xabre. Ademais, tamén se realizarán como parte deste proxecto, traballos de limpeza e acondicionamento do tramo polo que discorre o sendeiro, con desbroces e cortas selectivas de arborado próximo á vía.

Con esta novo sendeiro habilitarase unha opción segura para os desprazamentos a pé ou en bicicleta entre o Carballiño e o núcleo de Valga, aproveitando as alternativas que ofrece o propio territorio para fomentar a mobilidade amable e tratar de evitar o uso de vehículos a motor.

A mobilidade alternativa é unha aposta do goberno municipal de Valga que, xunto con este proxecto, está a promover tamén a construción doutra vía para peóns e ciclistas no entorno da Mina Porto Piñeiro. E en Cordeiro están a piques de rematar os traballos da senda que une a estrada PO-548 coa zona do colexio, pavillón e igrexa.

ObraSendaCarballiño2 ObraSendaCarballiño3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver