Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas de 65 anos en diante poden anotarse ata no Concello ou no Auditorio ata o día 30 de abril

- A xuntanza, que inclúe unha misa, comida, sorteo de agasallos e baile, terá lugar o domingo 6 de maio

maior

Valga, 28 de marzo de 2018.

O prazo de inscrición para participar na XXI edición do Encontro cos Nosos Maiores está xa aberto. Os veciños de Valga de 65 anos en diante poden anotarse nas oficinas do Concello ou no Auditorio Municipal. O período para formalizar as inscricións pecharase o día 30 de abril.

A xuntanza en homenaxe á poboación máis veterana do municipio terá lugar o domingo 6 de maio. A programación dará comezo ás 13 horas cunha misa que se oficiará no Auditorio de Cordeiro. Unha vez rematado o acto relixioso, os asistentes serán trasladados en autobuses ata o pavillón de Beiro, instalacións que acollerán o groso das actividades.

Un xantar dará paso ao sorteo de agasallos aportados por casas comerciais da zona. Ademais, o home e a muller de maior idade que acudan á celebración recibirán un obsequio conmemorativo. A festa continuará depois cun baile.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver