Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato inclúe recintos culturais, deportivos, depuradoras, alumeado público e centros de ensinanza, entre outros

- O prezo fixouse tendo en conta os gastos enerxéticos do Concello durante a última anualidade

EscudoConcelloo

Valga, 1 de febreiro de 2023.

O Concello vén de sacar a licitación a subministración de enerxía eléctrica para todos os edificios e instalacións públicas de titularidade municipal, tales como alumeado público, semáforos, instalacións de bombeo, depuradoras e depósitos, centros de ensinanza, recintos deportivos e culturais, entre outros.

O contrato terá unha duración máxima de dous anos (un ano inicial con posibilidade dunha prórroga por outro), establecéndose o valor máximo do mesmo en 656.584’05 euros, o que representa 328.292 euros anuais. Este prezo fixouse tendo en conta os gastos enerxéticos do Concello durante o último ano e inclúe todos os conceptos que forman parte do importe da subministración de electricidade, tales coma as peaxes e o imposto eléctrico.

Son un total de 89 os puntos de subministración que recolle o contrato, aínda que este poderá modificarse durante a súa vixencia pola incorporación de novos puntos, ata un límite máximo dun 10%. Ademais, o Concello poderá cambiar as potencias contratadas así como causar baixa nas subministracións que considere, en función das necesidades.

A enerxía a facturar pola empresa adxudicataria será a realmente consumida nos diferentes puntos de subministración e, ademais, dita empresa quedará comprometida a prestar atención ao Concello permanentemente (24 horas ao día todos os días da semana) para resolver calquera anomalía que poida producirse no servizo.

As empresas licitadoras, que teñen de prazo ata o día 1 de marzo para presentar as súas ofertas, deben ser comercializadoras de enerxía eléctrica autorizadas para exercer no territorio español e, especificamente, na comunidade galega. Deberán acreditar que figuran no listado de comercializadoras de electricidade publicado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver