Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Alba Blanco, Iria Collazo e Herea Eitor cursan 1º de Bacharelato na rama de Humanidades e Ciencias Sociais

- Lograron responder correctamente a todas as preguntas e o vindeiro mércores disputaran a final autonómica

Odisea2023

Valga, 27 de xaneiro de 2023.

Tres alumnas do IES de Valga, Alba Blanco, Iria Collazo e Herea Eitor, lograron clasificarse para a final galega do concurso “Odisea” de Cultura Clásica.

O certame desenvolveuse ao longo desta semana durante catro días, e estas tres estudantes foron quen de responder correctamente a todas as preguntas que lles formularon sobre a temática elixida nesta edición: “A auga en Grecia e Roma”. Isto supóxolle a súa clasificación para a final autonómica, que se celebrará o vindeiro mércores, 1 de febreiro.

Alba, Iria e Herea están matriculadas en 1º curso de Bacharelato, na rama de Humanidades e Ciencias Socias e son alumnas de Latín e Grego, o que facilitou en boa medida o seu éxito, posto que as preguntas que se plantexan aos participantes cínguense ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que se ensina nos centros.

“Odisea” cumpre este ano a súa décimo oitava edición e o IES de Valga ten xa unha notable traxectoria no concurso. Equipos do instituto valgués xa se clasificaron en varias ocasións para a final autonómica e, no ano 2020, o grupo formado polas mozas Isabel Rita Catoira Senín, Lucía Fariña Potel e Carla Rodríguez Cordo proclamouse campión de Galicia.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver