Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As sesións imparténse na Aula CeMIT de Valga por parte da técnica responsable da mesma

- Os aprendices están a adquirir destrezas básicas para saber utilizar un ordenador de xeito autónomo

InformáticaUUVI 1

Valga, 26 de xaneiro de 2023.

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI dos concellos de Valga e Moraña iniciaron esta semana a formación complementaria en alfabetización informática, que é impartida na Aula CeMIT do Auditorio Municipal por parte da técnica responsable da mesma, Vanessa Losada.

O obxectivo desta formación, que ten unha duración de dez horas, é que os alumnos adquiran coñecementos sobre conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores, acadando unhas destrezas básicas no sistema operativo e aprendendo a realizar operacións elementais, a utilizar as principais aplicacións en ofimática e a navegar por Internet. En definitiva, que sexan capaces de empregar un ordenador e as diferentes ferramentas informáticas de forma autónoma.

Establecéronse diferentes grupos en función do nivel de cada persoa, de maneira que aquelas que carecían por completo de formación informática están a recibir clases de alfabetización básica, mentres que as que xa posuían un nivel mínimo están realizando un módulo máis avanzado.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI é unha iniciativa orientada a mellorar a empregabilidade e a favorecer a inserción laboral de vinte persoas desempregadas dos dous concellos promotores, nas especialidades de forestais e carpintería, con sesións teóricas nas que adquiren os coñecementos necesarios sobre estas dúas profesións e, tamén, coa realización de prácticas consistentes en obras de interese público.

InformáticaUUVI 2 InformáticaUUVI 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver