Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O espectáculo “De Sima a Kiara” terá lugar o día 19 de marzo ás 17:30 horas

- As entradas poden mercarse na páxina web Woutick por 13’60 euros

ReyLeónWeb

Valga, 23 de xaneiro de 2023.

As cancións da coñecida película de Disney “El Rey León” poderán escoitarse no Auditorio Municipal o vindeiro 19 de marzo a través da Compañía Onbeat, que ofrecerá un concerto tributo cos mellores e máis aplaudidos temas do filme.

A interacción co público, voces en directo, un vestiario moi coidado, vistosa posta en escena e atractivas coreografías son as principais singularidades deste espectáculo musical, no que tampouco faltará a diversión da man dos mestres de cerimonias que exercerán de presentadores.

O concerto familiar, duns 80 minutos de duración, contará con nove persoas en escena, entre elas catro cantantes, catro bailaríns e unha xirafa de tres metros. Soarán todas as cancións das películas das dúas primeiras películas da saga “El Rey León” e tamén algúns temas da terceira parte.

As entradas para o show, que xa pasou por máis de corenta cidades e localidades de España, poden adquirirse a través da páxina web Woutick (https://www.woutick.es/evento/24524/entradas-musical-tributo-del-rey-leon-en-valga---pontevedra?busqueda=Rey%20le%C3%B3n&place=21502&date=19-03-2023&time=17:30&showId=32304) a un prezo de 13’60 euros por persoa.

ReyLeón

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver