Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos desenvólvense nun tramo polo que discorre o Camiño de Santiago e no que se empraza a escola de Chenlo

- Crearase un itinerario peonil continuo nunha lonxitude de case medio quilómetro

ObrasSanMiguel1

Valga, 13 de xaneiro de 2023.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez participaron esta mañá nunha visita ás obras de mellora da seguridade viaria da estrada EP-8501 Valga-Martores, que se desenvolven na zona de San Miguel. Estiveron acompañados polo deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, así como por técnicos de ambas administracións e responsables da empresa adxudicataria dos traballos, Narom S.L.

A actuación afecta ao tramo comprendido entre a igrexa e a escola de Chenlo (do punto quilométrico 1’05 ao 1’50), un espazo especialmente sensible debido non só á presenza da escola rural do CRA de Valga, senón tamén ao paso do Camiño de Santiago pola zona. A ruta xacobea e a estrada comparten trazado nun tramo de 260 metros no que construirá unha plataforma única sobreelevada de prioridade peonil e superficie de formigón coloreado. Disporá de bandas de lousa de pedra nos laterais e tamén transversais, cada 10 metros, para unha adecuada integración patrimonial nun entorno no que sobresae a igrexa parroquial de San Miguel. Nesta zona instalarase, ademais, mobiliario urbano.

No restante ámbito de actuación habilitarase unha senda peonil de 2’5 metros de ancho, executada en formigón coloreado de 15 centímetros de grosor. Para a súa separación da calzada contará cunha sinalización horizontal de 50 centímetros de anchura, elementos separadores de PVC e bandas reflectantes no centro. Nos lugares de maior pendente tamén se instalará unha varanda de aceiro.

A circulación rodada resolverase cunha calzada dotada con carrís en ambos sentido da circulación con ancho de 2’75 metros. Haberá pasos de peóns sobreelevados e badéns para favorecer o calmado do tráfico.

Para completar o proxecto, mellorarase a drenaxe das augas pluviais e instalarase unha nova rede de iluminación pública con 16 puntos de luz.

As obras, cun valor de 462.521 euros, son cofinanciadas entre o Concello e a Deputación provincial a través dun convenio de colaboración.

ObrasSanMiguel2 ObrasSanMiguel3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver