Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As subvencións poden destinarse á creación e ampliación de empresas, adquisición de equipamento e maquinaria ou proxectos de modernización, entre outros

- Os interesados concorrer poden obter máis información a través do GDR Salnés Ulla-Umia (650 255 914)

gdr

Valga, 10 de xaneiro de 2023.

Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado (empresas, autónomos...) e entidades coma asociacións ou comunidades de montes de Valga poden beneficiarse da liña de axudas do programa Leader, xestionado a través da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural e o GDR Salnés Ulla-Umia, ao que está adscrito o concello de Valga.

Os proxectos subvencionables son variados e abarcan dende a creación ou ampliación de empresas ou negocios, adquisición de equipamento ou maquinaria, ou modernización e novas tecnoloxías, entre outros. O importe das axudas oscila entre o 20% e o 50% do orzamento total do proxecto, cun máximo de 200.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 31 de xaneiro e as entidades ou persoas interesadas en concorrer poden obter máis información a través do GDR Salnés Ulla-Umia, no teléfono 650 255 914 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Nos últimos anos en Valga recibiron financiación deste programa Leader ata cinco proxectos, que supuxeron un investimento total de 391.803’88 euros, dos que 185.000’33 (máis do 47%) foron subvencionados. Dous destes proxectos foron promovidos polo Concello (creación de circuíto biosaludable na área fluvial de Vilarello e adquisición dun forno de cerámica para o CODI) e os outros tres por entidades privadas (adquisición e reforma de local para oficina de farmacia, adquisición dun equipo de mantemento de sistemas de confort térmico en vehículos e unha planta produtiva para a elaboración de sangría ecolóxica e viño sen alcohol).

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver