Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas asistentes degustaron uns 4.000 churros e 150 litros de chocolate

- As Súas Maxestades tamén visitaron aos catro veciños centenarios do concello

Reis23 1

Valga, 6 de xaneiro de 2023.
Os nenos valgueses viviron onte unha xornada máxica coa chegada dos Reis Magos ao noso concello. Melchor, Gaspar e Baltasar saudaron a todos os cativos, entregáronlles agasallos e, ademais, tiveron tempo de visitar aos catro veciños centenarios de Valga: Hipólito Cerqueiras Pardal (102), Regina Grela Fernández (102), Josefina Rodríguez Touceda (101) e María Tarrío Campaña (100). As Súas Maxestades, acompañados do séquito real integrado por paxes e emisarios, visitáronos no seu domicilio para facerlles entrega dun agasallo e felicitarlles a entrada do novo ano.

Mentres, nos exteriores do Belén Artesanal os verdadeiros protagonistas da xornada, os nenos, divertíanse con inchables e obradoiros de chapas e chaveiros mentres agardaban a chegada dos Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron a súa entrada arredor das seis da tarde. Foron recibidos por unha multitude de rapaces e familias con moitas gañas de saudar aos Reis despois de dous anos nos que a pandemia impediu que se celebrase a cabalgata. O alcalde, José María Bello Maneiro, deulles a benvida a Valga e amosou a súa ledicia por ver a tantos nenos congregados, xa que “sen eles non habería Reis”.

Durante a recepción entregáronse os premios do XXI Concurso de Beléns e despois chegou o momento máis agardado polos cativos, que agardaban con moitos nervios pero, sobre todo, con moita ilusión poder falar cos Magos para pedirlles os últimos regalos. Todos tiveron ocasión de saudar ao seu Rei favorito, facer fotos con eles e recibir os primeiros agasallos. Melchor, Gaspar e Baltasar entregaron máis de 500 regalos a outros tantos cativos, un pequeno anticipo antes da noite máxica de Reis.

Para pechar a tarde, todos os asistentes puideron degustar chocolate con churros de balde. Repartíronse arredor de 4.000 churros e 150 litros de chocolate, elaborados pola churrería local La Favorita.

Reis23 2 Reis23 3

Reis23 4 Reis23 5

Reis23 6 Reis23 7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver