Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Usuarios de Centros de Día, participantes en ludotecas e o alumnado da Escola Infantil Municipal estiveron entre os visitantes

- O nacemento afronta a os últimos días de apertura ao público, antes da súa clausura o 8 de xaneiro

BAEscolaInfantil1

Valga, 29 de decembro de 2022.

A pesar do período de vacacións escolares, o Belén Artesanal continuou esta semana recibindo numerosas visitas concertadas fóra do seu horario habitual de apertura, da man de outros colectivos institucións que manteñen a súa actividade nas datas de Nadal e colectivos coma Centros de Día e asociacións.

Un dos grupos máis numerosos dos últimos días foi o da Escola Infantil Municipal de Valga, que desprazou ata Campaña a varias das súas aulas para que os cativos gozaran coa multitude de figuras, moitas delas con movemento, que compoñen o nacemento. Non foron os únicos nenos que se achegaron ao nacemento, que tamén recibiu aos participantes na ludoteca de Nadal do Centro de Ocio Barallocas, de Padrón, unha decena de rapaces de entre 3 e 7 anos de idade.

Moitas das excursións recibidas nos últimos días estiveron protagonizadas por usuarios de Centros de Día e residencias de maiores procedentes de distintas localidades. Foi o caso de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cuntis e Dodro. E tamén outros colectivos aproveitaron estas xornadas para enchouparse do espírito do Nadal a través do Belén Artesanal, coma a asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar, (Amipa) con sede en Rois, ou a asociación Lar de Vilagarcía.

O Belén Artesanal afronta os seus últimos días de apertura ao público, antes da súa clausura o 8 de xaneiro. O horario no que pode visitarse é de 17:30 a 20:30 horas de luns a venres, os sábados de 17:00 a 20:30 e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:30 pola tarde. Os grupos poden concertar cita fóra de este horario a través do número de teléfono 630 95 25 15.

BAEscolaInfantil2 BAAmipa

BACentroDíaRois BADomusVi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver