Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar o vindeiro mércores, día 4, no Auditorio con entrada de balde para o público

- A gala musical incluirá mesturará temas propios do Nadal con clásicos de diferentes estilos

ContoNadal

Valga, 5 de decembro de 2022.

A gala musical “Un conto de Nadal”, que está a percorrer cidades e localidades de Galicia, recala a vindeira semana en Valga para traer ao Auditorio Municipal o espírito destas festas.

O espectáculo terá lugar o mércores, día 4, a partir das 20:30 horas e estará protagonizado pola orquestra La OcaBand, que se encargará da parte musical. Os coñecidos humoristas e actores Manuel Manquiña e Pepo Suevos encargaranse de conducir o musical, cun repertorio integrado por temas clásicos do Nadal mesturados con cancións de sempre, de diferentes ritmos e estilos.

A entrada para asistir como público á gala é de balde.

ContoNadal

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver