Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Imprevistos como a seca ou o incremento de horas de axuda a domicilio obrigaron a facer reaxustes no orzamento de 2022

- A incorporación á sección da FEMP para a promoción da saúde saíu adiante por unanimidade

PlenoDec22 1

Valga, 27 de decembro de 2022.

A Corporación municipal reuniuse onte nun Pleno extraordinario e urxente no que se aprobou unha transferencia de créditos entre distintas áreas de gasto do orzamento de 2022 para compensar partidas que, debido a imprevistos xurdidos ao longo do ano, resultaron deficitarias con outras nas que houbo remanente positivo.

O concelleiro de Facenda, José Ángel Souto, e o alcalde, José María Bello Maneiro, explicaron algunhas das circunstancias “significativas” que motivaron esta modificación de créditos. A situación prolongada de seca obrigou a executar melloras na rede de abastecemento para evitar avarías e fugas de auga, unhas obras cofinanciadas entre o Concello e a Deputación. Tamén citaron a concesión doutra subvención, neste caso por parte da Xunta, para o baleirado do Punto Limpo por parte da Xunta de Galicia que o Concello tivo que completar cunha aportación propia; e o incremento de horas do servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes.

Esta proposta aprobouse cos votos favorables do goberno municipal e en contra dos grupos da oposición.

O segundo punto incluído na orde do día foi a adhesión do Concello á Rede Española de Cidades Saudables” da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), unha sección que promove a colaboración e a acción conxunta dos concellos en materia de promoción e protección á saúde. A aprobación produciuse, neste caso, por unanimidade.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver