Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto tamén inclúe a rehabilitación ambiental da contorna, con revexetación e plantación de especies autóctonas

- O orzamento da actuación ascende a 500.915 euros

ObrasPortoPiñeiro1

Valga, 26 de decembro de 2022.

 

O proceso de rexeneración da lagoa Porto Piñeiro dá os seus pasos iniciais coa execución da primeira obra proxectada para esta antiga mina de extracción de arxila: a construción dunha senda peonil e vía ciclable que discorrerá por parte da súa contorna. Os traballos, que foron adxudicados á empresa Covsa, xa deron comezo e contan cun orzamento de 500.915 euros, cofinanciados polo Concello e a Deputación a través do programa ReacPon, para a execución de infraestruturas e dotacións singulares para a recuperación post-Covid.

O proxecto desenvólvese na zona sur da mina e consiste na execución dunha vía que bordeará parte da lagoa e que estará habilitada para a circulación de peóns e ciclos. Terá base de grava, solo de cemento e bordo de formigón. Instalaranse, ademais, estruturas e varandas de madeira naqueles puntos nos que sexa preciso para maior seguridade.

Ademais, levarase a cabo unha restauración ambiental da zona coa aplicación de tratamentos silvícolas e limpezas e rozas selectivas para unha posterior revexetación con especies de árbores autóctonas coma salgueiros, freixos, carballos, castiñeiros ou bidueiros. Tamén se intervirá na ribeira oeste da lagoa, adecuando os perfís do terreo para un mellor acceso e coa implantación dunha comunidade vexetal de ribeira.

A lagoa Porto Piñeiro abrangue unha lámina de auga de 5’32 hectáreas, ocupando o espazo dunha antiga explotación mineira a ceo aberto da que se extraían arxilas para a elaboración de materiais de construción na desaparecida fábrica de Novo y Sierra. En total, todo o ámbito da mina supera os 100.000 metros cadrados de superficie.

ObrasPortoPiñeiro2 ObrasPortoPiñeiro3

ObrasPortoPiñeiro4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver