Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As orquestras Peque e Clásica acompañaron á Polifónica Santa Comba no recital

- O alcalde e a concelleira Malena Isorna estiveron entre o público asistente

ConcertoNadal22 1

Valga, 24 de decembro de 2022.
A Coral Polifónica e varias agrupacións da Escola de Música ofreceron onte no Auditorio o Concerto de Nadal, unha actuación que é xa unha tradición pero que levaba dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia e ás restricións que obrigou a implantar. Por iso, este recital -ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna- tiña aires de estrea.

A Polifónica Santa Comba de Cordeiro, baixo a dirección de Manuel López Castro, foi a encargada de abrir o espectáculo cun repertorio de panxoliñas que incluíu “Vedle nacer”, “Ro, mi niño ro”, “O abeto” e a canción popular arxentina “Lirio del alba”.

Tomou o relevo a Orquestra Peque da Escola de Música, coas mestras Alba Martínez (violín), Irati Jiménez (cello) e Ana Solla (baixo) á fronte, para interpretar “Danubio Azul” de J. Strauss, o popular tema de Nadal “Jingle Bells” e “Noite de paz” de F. Gruber.

A terceira agrupación en actuar foi a Orquestra Clásica, con Manuel Villar Touceda á batuta, cun repertorio integrado por temas do compositor italiano Antonio Vivaldi: a sinfonía “Alla Rustica”, o Concerto Nº7 para violín e orquestra (con Helena Castaño, Ana Santiago e Sofía Matanzas como solistas) e “Gloria”.

Como colofón a Coral e a Orquestra compartiron escenario para ofrecer unha interpretación conxunta de “Canción de Cuna”, “Viento del Norte” e “Noite de Paz”, panxoliña coa que se pechou o concerto para desexar a todos os asistentes un bo Nadal.

ConcertoNadal22 2 ConcertoNadal22 3

ConcertoNadal22 4 ConcertoNadal22 5

ConcertoNadal22 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver