Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Agasallounos con caramelos e repartiu abrazos entre os máis pequenos

- Ademais, recolleu as últimas cartas cos regalos que máis desexan os cativos en Noiteboa

PNoel22 1

Valga, 21 de decembro de 2022.

Papá Noel adiantou uns días a súa chegada a Valga para manter un encontro cos nenos do municipio e asegurarse de que na súa lista non falta ningún agasallo de todos cantos lle pediron os rapaces valgueses.

Santa Claus visitou esta mañá ao alumnado do Centro Rural Agrupado e da Escola Infantil Municipal. Por esta última comezou o seu percorrido por Valga, repartindo abrazos e lambetadas entre os máis cativos, e continou despois polas escolas de Campaña, Forno, Ferreirós, Vilarello, Xanza e Chenlo, nas que tamén aproveitou para recoller as últimas cartas que os nenos lle tiñan preparadas coas súas peticións de regalos para Noiteboa.

Foi unha mañá chea de ilusión, emoción e nervios para os cativos.

PNoel22 2 PNoel22 3

PNoel22 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver