Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actriz e directora Iria Acevedo é a encargada de impartir as sesións todos os martes no Auditorio

- Aplica unha metodoloxía práctica baseada en exercicios de expresión corporal, voz e improvisacións

EscTeatro1

Valga, 15 de decembro de 2022.

Despois de máis de dous anos de parón debido á pandemia, a Escola Municipal de Teatro retomou a mediados do mes de novembro a súa actividade e fíxoo cun elenco de 25 participantes, entre nenos e adultos, aos que dirixe a mestra Iria Acevedo Pérez. A actriz, máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR e con experiencia en teatro profesional, cine, televisión e dramaturxia, está a empregar unha metodoloxía práctica e baseada en exercicios de expresión corporal, voz, improvisacións e actuacións, así coma no desenrolo de ferramentas comunicativas, expresivas e de posta en escena.

“Non me interesa formar actores, senón darlles aos participantes ferramentas para que sexan creadores das súas propias historias”, explica. Porque esta actividade “vai moito máis alá do artístico ou do cultural. É moi terapéutica e é unha ferramenta de expresión e comunicación marabillosa, por iso todo o mundo debería probala, porque estamos cheos de habilidades das que nin tan sequera somos conscientes”.

Nas sesións, que se repiten todos os martes no Auditorio Municipal, “tratamos de desconectar do mundo exterior e meternos na nosa propia burbulla”, realizando diferentes tipos de exercicios. Algúns de carácter físico, para o quecemento inicial, pero tamén de respiración e de voz, para aprender a proxectar. As clases tamén inclúen xogos de adaptación e coordinación e exercicios dramáticos e de improvisación, traballando tanto de xeito individual coma en grupos. Ademais, non só se traballa a parte actoral, senón que “tamén hai que darlle importancia a outras disciplinas como dramaturxia, iluminación atrezzo... toda a semiótica do teatro”, comenta a mestra.

ETeatro2 ETeatro3

ETeatro4 ETeatro5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver