Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O nacemento pode visitarse de xeito gratuíto de luns a sábado pola tarde e os domingos tamén pola mañá

- O vindeiro sábado celébrase unha tómbola solidaria a beneficio da Asociación española contra o cancro

BelénPúblico

Valga, 12 de decembro de 2022.

O Belén Artesanal en Movemento segue a demostrar a súa condición de gran atractivo turístico do Nadal en Valga, con cifras de visitas que, definitivamente, fan esquecer a pandemia e as restricións dos últimos anos. Na primeira semana de apertura, dende a inauguración do pasado día 4, máis de 10.000 persoas pasaron polo nacemento de Campaña.

Xa na propia xornada inaugural se puido percibir a expectación, con moitísimo público das procedencias máis diversas agardando ás portas do local da Rúa Nova para ser dos primeiros en descubrir as novas incorporacións; incluídas varias excursións chegadas dende O Carballiño, Vigo e incluso Asturias. Este último grupo é un asiduos todos os anos, ao Belén de Valga, e non quixeron fallar tampouco nesta edición.

Os días de maior afluencia foron o xoves (festivo) e onte domingo, cando as ringleiras de persoas chegaron ata a gasolineira existente na zona e foi necesario ampliar o horario de apertura ata pasadas as nove da noite para que ninguén quedara sen ver a montaxe. 

O horario de visitas do Belén é de luns a venres de 17:30 a 20:30, os sábados de 17:00 a 20:30 e os domingos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30. Os grupos organizados poden concertar cita fóra deste horario chamando ao teléfono 630 95 25 15. A entrada é gratuíta.

Hoxe, ademais, deron comezo as visitas de centros educativos e doutros colectivos coma residencias e Centros de Día. O CRA de Valga, o Centro de Día de Moraña e membros da asociación Andaina Pro Saúde Mental foron os primeiros en pasar esta mañá por Campaña. Estas visitas programadas serán continuas durante as vindeiras semanas, ata que o Belén se peche ao público o día 8 de xaneiro.

Ademais, para as vindeiras xornadas está prevista outra cita relevante no Belén. Será este sábado, día 17, a partir das 16:00 horas, coa celebración dunha Tómbola Solidaria a beneficio da Asociación española contra o cancro. Os boletos poderán adquirirse por 3 euros e os participantes optarán a gañar centos de regalos que foron aportados de xeito desinteresado por veciños, casas comerciais, empresas de outras entidades de Valga e doutras localidades da contorna.

O Concello poñerá inchables e obradoiros gratis para os máis cativos.

TómbolaBelén22

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver