Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foi a actividade central das conmemoracións polo Día Internacional das persoas con discapacidade

- Unha usuaria leu un manifesto con consignas a prol da plena inclusión

CODI22 1

Valga, 2 de decembro de 2022.
O CODI estivo hoxe de festa, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Discapacidade. Celebrou unha xornada de portas abertas á que asistiron os usuarios e as súas familias e, nesta ocasión, tamén membros da asociación AMIPA, con sede na comarca do Sar, e que ao igual que Asdivalu traballa a prol da integración das persoas con discapacidade. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez acompañáronos durante unha mañá repleta de actividades.

Os actos arrancaron coa proxección do vídeo “Un ano cheo de experiencias”, un resumo das diferentes actividades que se realizaron no CODI durante o último ano. Fíxose fincapé en explicar as dificultades que afectaron ás persoas con discapacidade durante a pandemia e debido ás restricións e limitacións impostas, e que nalgúns casos resultaban difíciles de interiorizar para eles. Por iso, dende a primavera pasada dende o CODI realizouse un esforzo para compensar ese tempo perdido ampliando o programa de ocio e tempo libre. “O nivel de sufrimento e estrés para as persoas con discapacidade foi superior e quixemos compensalo dalgunha maneira, ofrecéndolles máis interacción social e comunitaria”, explican dende a dirección do CODI.

Nese repaso anual, tamén se destacaron os obradoiros de reciclaxe de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos e o de cerámica, como mostras do traballo que estas persoas realizan para a comunidade, por exemplo deseñando e creando trofeos para equipos e outros colectivos.

Os asistentes á xornada puideron ver a exposición de pintura “Os nosos lugares máis fermosos”, e tamén os traballos realizados nos obradoiros de aromas, xabóns, marmeladas e coiro.

Unha usuaria do CODI deu lectura a un manifesto a prol da plena inclusión das persoas con discapacidade, mentres os seus compañeiros portaban carteis con mensaxes reivindicativas.

Para rematar a festa, chegaron a música e o baile coa actuación en directo e Luis Rey.

CODI22 2 CODI22 3

CODI22 4

CODI22 5 CODI22 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver