Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O sistema de apertura dos colectores permite introducir botellas de ata cinco litros

- O aceite non debe tirarse polo vertedeiro xa que un litro pode chegar a contaminar ata 1.000 litros de auga

Aceite1

Valga, 30 de novembro de 2022.

O Concello de Valga, na súa política de fomento da reciclaxe dos distintos tipos de residuos, vén de instalar novos contedores para o depósito de aceite doméstico usado. Son un total de nove os colectores colocados nos seguintes emprazamentos:

  • Nas inmediacións do colexio Xesús Ferro Couselo
  • No cruce do teleclub de Cordeiro
  • Na  estrada PO-548, frente ao bar Pirata
  • Na estrada PO-548, no cruce cara A Casa da Torre
  • Na estrada PO-548, nas inmediacións do cruce de Baño
  • Na illa de reciclaxe da Avenida da Coruña
  • Na illa de reciclaxe situada xunto á parada de taxis
  • Na estrada N-550, xunto ao cruceiro de Xanza
  • Na estrada N-550, xunto ao cruce da estrada a Cuntis

Como principal novidade, estes contedores contan cun sistema de apertura de carga superior que permite depositar botellas de ata 5 litros, cando ata o de agora só podían introducirse envases de ata 1,5 litros de capacidade. Hai que lembrar que só pode botarse nestes colectores aceite doméstico e de ningún outro tipo, e sempre dentro de botellas de plástico que estean ben pechadas, para evitar verteduras.

Os aceites usados son altamente contaminantes sen non se tratan axeitadamente, xa que un litro pode chegar a contaminar máis de 1.000 litros de auga. Por iso é importante que non se tire polo vertedoiro ou polo inodoro, xa que pode causar problemas nas tubaxes e nas depuradoras e danos nos ríos e canles de auga.

O aceite depositado nos colectores de reciclaxe destínase á produción de biocombustibles, fomentando así alternativas sostibles aos combustibles fósiles convencionais.

Aceite2 Aceite3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver