Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante toda a semana sucederanse as actividades, con excursións, exposicións e unha xornada de portas abertas

- O obxectivo é promover a súa plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade.

Marmelada1

Valga, 28 de novembro de 2022.

Os usuarios do CODI deron comezo esta mañá aos actos conmemorativos do Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebra o 3 de decembro co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar, impulsar un mundo accesible e equitativo e fomentar a súa plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade.

Un obradoiro de elaboración de marmelada, que foi subvencionado pola Deputación, foi o punto de arranque destas conmemoracións. Os usuarios empregaron diferentes froitas, coma piña, coco e cabaza, que cortaron en anacos moi pequenos e despois mesturaron con azucre e puxeron ao lume para que caramelizara. O produto final foi envasado en botes que previamente esterilizaron fervéndoos en auga.

Para hoxe os usuarios teñen programada unha visita ao Museo da Maxia de Santiago, onde poderán ver unha exposición interactiva de ilusións ópticas e artiluxios da maxia, así como demostracións en directo.

As actividades continuarán o mércores, cun novo obradoiro de coiro no marco do programa provincial “Conectadas”, o xoves dedicarán parte da xornada á elaboración de doces e o venres poñerase o colofón cunha xornada de portas aberta no CODI, coas familias dos usuarios como invitados e con actuacións en directo, proxección e exposicións, entre outros actos.

Marmelada2 Marmelada4

Marmelada5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver