Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O nacemento abrirá ao público na tarde do día 4 de decembro

- A segunda edición da tómbola benéfica organizada por Amigos do Belén recadará fondos para a Asociación Española Contra o Cancro

AlcaldevisitaBelén1

Valga, 18 de novembro de 2022.

Faltan pouco máis de dúas semanas para a inauguración do Belén Artesanal en Movemento e o alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, acudiron onte ao local de Campaña para comprobar como avanzan os traballos de montaxe, dos que se encarga a asociación Amigos do Belén.

O rexedor e o edil compartiron momentos cos membros deste colectivo, ao que agradeceron unha vez máis o seu traballo desinteresado para que Valga volva a ser, un Nadal mais, punto de visita a obrigada para milleiros de persoas. As tarefas céntranse nestes momentos na elaboración das novas figuras e edificacións que se incorporarán ao nacemento, moitas delas relacionas cos acontecementos de maior relevancia acontecidos durante o último ano, tanto a nivel local coma global.

Os diferentes equipos de traballo modelan os personaxes, constrúen edificios con madeira ou pedra, comproban e reparan os mecanismos que dan movemento ás diferentes escenas e, está tamén instalándose, o novo sistema de iluminación adquirido cunha das últimas subvencións da Axencia Turismo de Galicia.

O Belén Artesanal inaugurarase na tarde do domingo 4 e permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro de 2023. A mediados de decembro, o día 17, Amigos do Belén celebrará a segunda edición da Tómbola Solidaria, unha iniciativa que se realizou por vez primeira o ano pasado para recadar fondos para os afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja en La Palma. Nesta ocasión, os fondos que se xunten serán para colaborar coa Asociación Española contra o Cancro.

As persoas ou entidades que queiran doar agasallos para a tómbola, poden levalos ao local do Belén calquera día da semana de 18:30 a 22:00 horas.

AlcaldevisitaBelén3 AlcaldevisitaBelén5

AlcaldevisitaBelén6 AlcaldevisitaBelén7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver