Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

O Pacto das Alcaldías é a maior iniciativa urbana do mundo en materia de clima e enerxía no que as autoridades locais comprométense a reducir as emisións un 40% ata o ano 2030,  mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovable  e desenvolver accións para mitigar o cambio climático.


No ano 2020 o seu Concello elaborou o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) como folla de ruta para alcanzar os obxectivos do Pacto das Alcaldías. Agora estase a realizar o Informe de seguimento para ver a súa evolución. Por este motivo, pedimos a colaboración da veciñanza para recoller información cunhas breves preguntas a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-Nx8NomwttQ1ViTmNrtDbOyZc1VkTPzXz2wlI_zuCTcfvNA/viewform?usp=sf_link

Grazas pola vosa colaboración!

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver