Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A primeira sesión de presentación terá lugar mañá ás 18:00 horas no Auditorio Municipal

- Abordaranse cuestións coma a autoestima, habilidades sociais, superación de medos ou busca de emprego

RedesWeb1

Valga, 28 setembro de 2022.

Mañá xoves, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación do programa "Redes en feminino", un proxecto de prevención e intervención con mulleres de especial vulnerabilidade e vítimas de violencia de xénero, orientado a mellorar a súa situación.

Atención, orientación e acompañamento para a mellora da situación social e persoal son os aspectos básicos nos que se centrará a intervención, redundando na procura da recuperación da identidade e da autonomía e incidindo na restauración dos proxectos vitais.

No transcurso deste programa, no que colabora a Deputación de Pontevedra, desenvolveranse sesións terapéuticas relacionadas coa autoestima, as habilidades sociais, a superación de medos e a busca de emprego, entre outras temáticas.

RedesFeminino

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver