Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Favorecer a mobilidade sustentable e a seguridade viaria son os obxectivos desta iniciativa

- As obras, que acaban de licitarse, suporán un investimento de 128.771 euros do Plan Concellos 2002-2023

 

Valga, 19 de outubro de 2022.

O Concello de Valga acaba de sacar a licitación unha nova obra para continuar mellorando e ampliando as infraestruturas de comunicación no municipio. A actuación proxectada é a construción dun sendeiro peonil e unha vía ciclable que comunicará a rúa Doutor de Oya Salgueiro –nas inmediacións da Casa Consistorial– coa zona do Carballiño.

Terá unha lonxitude aproximada de 900 metros e discorrerá en paralelo á estrada existente, con pavimento de xabre e un ancho de dous metros. O proxecto, incluído no Plan Concellos 2022-2023 da Deputación, conta cun orzamento de 128.771’60 euros. Os traballos inclúen a limpeza e acondicionamento do tramo polo que discorrerá a senda, con desbroces e cortas selectivas de arborado próximo á vía.

Con esta novo sendeiro habilitarase unha opción segura para os desprazamentos a pé ou en bicicleta entre o Carballiño e o núcleo de Valga, aproveitando as alternativas que ofrece o propio territorio para fomentar a mobilidade amable e tratar de evitar o uso de vehículos a motor.

Esta é unha aposta que está a facer o goberno municipal de Valga con diversos proxectos de creación de infraestruturas de mobilidade alternativa e activa. Ademais desta obra que vén de licitarse, están a piques de adxudicarse os traballos de construción doutra vía para peóns e ciclistas no entorno da Mina Porto Piñeiro e, en Cordeiro, con financiación da Xunta de Galicia, leva meses en construción a senda que unirá a estrada PO-548 coa zona do colexio, pavillón e igrexa.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver