- A Corporación acordou por unanimidade solicitar á Deputación que asuma a xestión das multas de tráfico e sancións por ruídos ou consumo de bebidas alcohólicas

ximnasioo

Valga, 20 de marzo de 2018.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade na tarde de onte o procedemento e os pregos de contratación da xestión indirecta do ximnasio municipal, o pavillón polideportivo de Beiro e as pistas deportivas do Muíño de Vento mediante concesión admiministrativa e procedemento aberto.

O contrato terá unha duración de quince anos, prorrogables por unha ou máis anualidades sen superar o máximo de vinte anos. O servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose coas propias tarifas dos usuarios, sen que haxa lugar a compensacións económicas. Non establecen, por tanto, os pregos nin canon concesional a cargo do adxudicatario nin se achegarán subvencións por parte do Concello para compensar eventuais perdas.

O Pleno aprobou tamén por unanimidade a delegación na Deputación, a través do ORAL, das facultades de xestión e recadación das multas de tráfico, que ata o de agora viña tramitando o Concello. Ademais, solicitarase á administración provincial, que poña en servizo diversas asistencias en distintos trámites de policía urbana, facéndose cargo, por exemplo, da tramitación de sancións por infraccións de horarios, ruídos, ou venda de bebidas alcohólicas a menores.

Por último, quedou aprobada tamén cos votos unánimes de todos os concelleiros unha moción presentada polo grupo socialista referida ao Centro de Saúde. No primeiro punto propoñía instar á Xunta a implantación dos servizos de fisioterapia, raios X e odontoloxía. O segundo punto foi modificado a petición do grupo de goberno para solicitar ao Sergas que asuma o mantemento das instalacións do Centro Médico e os seus exteriores, xa que se trata dunha competencia da administración autonómica.

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver