Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proceso afecta a 124 hectáreas de terreos, repartidas en 2.100 parcelas de 322 propietarios

- O obxectivo é mellorar as condicións das explotacións agrarias e loitar contra o abandono das zonas de monte

 

Valga, 13 de outubro de 2022.

A reestruturación parcelaria da zona de San Miguel –que abarca os lugares de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi–  avanzar un novo chanzo na súa tramitación. Esta mañá foi declarada de utilidade pública na xuntanza semanal do Consello da Xunta, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga).

Esta concentración reestruturará unha superficie de 124 hectáreas repartidas en 2.100 parcelas propiedade de 322 veciños. O proceso, destaca a Consellería do Medio Rural, foi  solicitado por titulares de explotacións e apoiado polo Concello, co obxectivo de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona, de acordo con criterios de ordenación sustentable dos cultivos e aproveitamentos co fin de fixar poboación no medio rural e, así, facer rendible a actividade produtiva.

O proceso tamén persegue establecer medidas de agrupación e redimensionamento das terras que non formen parte de explotacións agrarias, para así facilitar a súa mobilización para uso agrícola e favorecer a loita contra o abandono, a formación de novas explotacións ou a súa incorporación ás xa existentes.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver