Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poden participar alumnos de Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo

- O prazo para presentar as historias estará aberto ata o día 25 de outubro

contomedo

Valga, 7 de outubro de 2022.

As bibliotecas municipais organizan, con motivo do Samaín, o certame “Cóntame un conto de medo”, aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no CEIP Baño-Xanza ou no CEP Xesús Ferro Couselo.

Cada persoa só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima será de 3 folios (obrigatoriamente de tamaño A-4) e debe asinarse con pseudónimo. Presentarase nun sobre pechado e, no interior deste, introducirase outro sobre no que figuren o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así coma un número de teléfono de contacto.

Os contos entregaranse na Biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do Auditorio, antes do 25 de outubro.

Establécense dúas categorías, unha para 1º, 2º e 3º cursos de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º, e haberá un premio en cada unha.

Bases

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver