Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi promovida pola Comunidade de Montes con motivo do Día Forestal Mundial

- O alcalde e a concelleira de Educación acompañaron aos escolares

arbores1

Valga, 20 de marzo de 2018.

Sesenta e cinco escolares de 5º curso de Primaria dos colexios de Baño e Cordeiro participaron esta mañá nunha plantación de árbores con motivo do Día Forestal Mundial, organizada pola Comunidade de Montes de San Miguel e o Servizo Provincial de Montes e que contou, asemade, coa colaboración do Concello de Valga. A actividade tivo lugar nunha zona situada entre Cimadevila e Cedelo, onde hai anos existía un viveiro forestal.

Os rapaces, divididos en grupos e axudados por persoal das cuadrillas do Distrito Forestal XIX, plantaron 250 árbores de especies autóctonas: castaños, bidueiros, freixos e carballos, intercalados con 150 piñeiros “para dar sombra ás frondosas ata que agarren”, explicou Pedro López, responsable do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés. Nuns quince anos, engade, a zona comezará a ter apariencia de bosque.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, asistiron á plantación, así como representantes das distintas comunidades de montes de Valga e das asociacións e pais de alumnos dos dous colexios participantes. É o sétimo ano que os comuneiros de San Miguel promoven esta actividade de concienciación medioambiental. “É unha experiencia boa para os rapaces, unha maneira de involucralos no coidado do monte e das árbores e que sepan que cada unha delas forma un auténtico ecosistema”, destaca Manuel Aboi, presidente da Comunidade de Montes.

“Á árbore necesita coidados continuados, pero pode destruírse cun misto. Un desaprensivo pode acabar co traballo de décadas”, engade referíndose aos incendios forestais. Por iso, “é tan importante que os rapaces tomen o monte como algo seu”. No territorio que integra a Comunidade de Montes de San Miguel hai anos que non se produce un incendio de importancia. “Dende 2011 só houbo tres lumes pequenos, de dúas hectáreas cada un”, comenta o presidente, que destaca como a principal problemática do monte “a falta de concienciación da xente”. De aí, explica, derivan os xa mencionados incendios ou os vertedoiros incontrolados.

arbores3 arbores2 arbores4 arbores5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver