- Os seis colexios rurais suman 86 alumnos procedentes de quince concellos diferentes

- Os representantes municipais supervisaron as últimas obras realizadas nos baños e nos sistemas de calefección

CRAVisita1

Valga, 19 de setembro de 2022.
Tralo comezo do curso, que se desenvolveu con normalidade nos centros educativos de Valga, o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carmen Gómez e Pedro Calvo, realizaron unha visita ás escolas do CRA, para compartir impresións co equipo docente e coñecer as primeiras sensacións do alumnado, boa parte do cal é de nova incorporación.

Os colexios rurais de Ferreirós, Campaña, Chenlo, Xanza, Vilarello e Forno suman neste curso 2022/2023 un total de 86 alumnos, dos que 33 son novas matrículas destacando un ano máis coma o CRA de Galicia con maior número de matriculacións. No último trienio pasou de 55 a 86 alumnos, captando a nenos non só de Valga senón que tamén familias doutros moitos concellos da contorna elixen o noso CRA para escolarizar aos seus cativos. Nenos de quince concellos diferentes (Rianxo, Vilagarcía, Cuntis, Caldas, Meis, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo...) estudan neste curso nas escolas valguesas.

O Centro Rural Agrupado conta cun equipo docente integrado por seis mestras titoras, unha orientadora, dúas mestras de apoio, profesores de música, inglés, educación física, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. A baixa ratio de alumnos por aula, que permite impartir unha educación de calidade e máis individualizada, é unha dos principais atractivos que ofrece, así como a adaptación ás características da súa contorna e ás necesidades do alumnado, promovendo un ambiente educativo familiar nun entorno natural próximo que facilita a adaptación dos nenos. Nas aulas aplícanse metodoloxías vivas e activas, con profesorado en continua formación.

O alcalde os concelleiros aproveitaron o percorrido algunhas das escolas para comprobar o resultado das obras que se executaron durante este verán, como a renovación dos baños en cinco das escolas Vilarello, Forno, Campaña, Xanza e Chenlo), con cambio da instalación de fontanería e dos inodoros e lavabos.

Tamén se realizaron melloras nos sistemas de climatización, concretamente nas escolas de Campaña e Chenlo, coa instalación de sistemas de calefacción mediante bomba de calor co obxectivo de avanzar cara o aforro enerxético.

Estas actuacións foron financiadas pola Consellería de Educación. O Concello, piola súa parte, aportou os materiais para outras intervencións que se efectuaron no marco do programa Embelecer Valga, con melloras e dotacións de mobiliario nos diferentes espazos educativos e nos patios.

CRAVisita2 CRAVisita3

CRAVisita4    CRAVisita5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver