Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As clases de inglés están orientadas a obter os certificados oficiais de Cambridge ou Trinity College

- A reserva de praza pode facerse ata o día 25 de setembro a través de correo electrónico ou por teléfono

EscudoConcelloo

Valga, 12 de setembro de 2022.

A Escola Municipal de Idiomas dará comezo proximamente ao curso 2022-2023 e ten aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas (nenos, mozos ou adultos) que queiran asistir ás clases de inglés para mellorar o seu nivel de coñecemento desta lingua estranxeira, xa sexa por motivos académicos ou laborais.

As clases iniciaranse o día 3 de outubro e serán impartidas no Auditorio Municipal por mestres do Centro de Idiomas Waterford, centro examinador oficial de Trinity College London e centro preparador oficial de Cambridge. Durante o curso incidirase na mellora das habilidades tanto orais coma escritas do alumnado de cara á obtención dalgún dos certificados de Cambridge e Trinity College, que están recoñecidos tanto a nivel universitario coma empresarial.

As sesións serán de dúas horas á semana e os prezos están fixados en 42 euros mensuais para persoas empadroadas en Valga e 47 para alumnos doutros concellos.

Os interesados en matricularse deben cubrir a folla de solicitude de praza (que poden descargar en https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 25 de setembro. Tamén poden contactar a través dos teléfonos 986 851 225 ou 698 133 512.

ANUNCIOIDIOMAS

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver