Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos, que comezaron hai uns día en Moldes, tratan de facer fronte á situación de seca

- Continuarán noutras zonas do concello nas que as tubaxes son antigas e sofren múltiples roturas

AbastecementoATorre1

Valga, 3 de setembro de 2022.
Os traballos urxentes de mellora da rede municipal de abastecemento de augas para facer fronte á situación de seca pola que pasamos trasladáronse nas últimas xornadas ao lugar de A Torre (Cordeiro), onde está en marcha unha actuación renovación dun tramo de tubaxes vellas que se atopaban moi deterioradas e que causaban constantes avarías e perdas de auga.

Esta situación prodúcese en varios puntos do concello, con perdas que chegaban a máis do 50% do total. Isto provocaba un incremento moi importante do consumo de auga, polo que o goberno local decidiu levar a cabo unha actuación de emerxencia tendo en conta as escasas precipitacións dos últimos meses, e para evitar que poidan producirse carencias ou restricións na subministración de auga potable domiciliaria á poboación.

As obras comezaron a semana pasada no lugar de Moldes e agora trasladáronse ao tramo Castiñeiras-A Torre, onde operarios e maquinaria están a abrir gabias para retirar a vella mangueira e substituíla por unha nova. Actuacións semellantes están previstas tamén noutras zonas nas que se ten detectado a mesma problemática, para minimizar así o risco de desabastecemento.

Para financiar estas actuacións, o Concello ten solicitado a súa colaboración á Deputación, a través da recentemente anunciada liña de axudas para as administracións locais da provincia para actuacións de emerxencia para garantir o abastecemento de auga potable domiciliaria. Mentres non se resolve a solicitude de subvención o Concello decidiu ir avanzando as obras ante a gravidade da situación.

     AbastecementoATorre2       AbastecementoATorre3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver