Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Consellería do Medio Rural, a través dos fondos Feader, aporta financiación para este proxecto

- Preténdese frear o seu deterioro e resaltar a súa importancia histórica e cultural

Telleira Padín

Valga, 31 de agosto de 2022.

O Concello prepara unha intervención de posta en valor duns dos elementos patrimoniais máis senlleiros vencellados ao río Ulla: as telleiras. Dúas destas antigas construcións dedicadas ao traballo do barro e á produción de cerámica, as telleiras de Padín e Roeiro, situadas en Vilar (Cordeiro), serán sometidas a unha actuación para frear o seu deterioro grazas a unha subvención da Consellería do medio rural, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O proxecto inclúe a roza e limpeza do entorno das telleiras, coa retirada de maleza e escombro, a mellora do camiño de acceso, limpeza en seco das estruturas en pé, reparación das zonas en mal estado e con risco de derrubamento, delimitación da zona cunha varanda rústica de madeira e a colocación de dous paneis informativos. Deste xeito preténdese frear o deterioro das edificacións e darlle a importancia cultural, patrimonial, histórica e ambiental que teñen.

Estas dúas telleiras foron no seu tempo unhas das construcións máis singulares da contorna do río Ulla, cunha edificación en forma circular e, asociados ao forno, outras construcións para o traballo dos telleiros e un tanque ou pequena canle que permitía o atraque das embarcacións para o transporte de barro e tella.

A telleira de Roeiro foi abandonada en 1945, construíndose outra a poucos metros debido ás dificultades que presentaba para o cocido da tella na cámara circular e a que o tanque só se podía utilizar en preamar.

A telleira de Padín, pola súa parte, foi a última da zona en construírse, en 1942, e mantívose en activo ata 1960.

Telleira Roeiro

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver