Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A vicealcaldesa e o concelleiro de Deportes e Xuventude estonios están a coñecer o municipio e mañá participarán nos actos festivos

- Esta visita reforza as relacións de irmandade que ambas localidades manteñen dende hai case unha década

Estonia1

Valga, 26 de agosto de 2022.

Unha delegación da localidade de Valga, en Estonia, está a visitar o noso concello nestes días, convidados polo Concello con motivo da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

A vicealcaldesa, Maarja Mägi, e o concelleiro delegado da área de Deportes e Xuventude, Tõnu Vahtra, son os representantes estonios que onte chegaron a Valga co obxectivo de seguir fortalecendo as relacións que ambas localidades homónimas manteñen dende hai case unha década en ámbitos coma o educativo, cultural ou social, uns lazos que se viron refrendados en 2017 coa sinatura do protocolo de irmandamento.

Os visitantes chegaron onte á noite a Santiago, onde os agardaban o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, e o técnico municipal Santiago Chenlo. Durante a xornada de hoxe están a coñecer Valga, os seus equipamentos e dotacións públicos e os seus espazos de interese cultural, patrimonial e natural, acompañados tamén polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez. Pola mañá achegáronse a centros educativos e formativas coma o IES de Valga, a Escola Infantil Municipal e o CODI, onde foron agasallados cun cinseiro e un alambique feitos con barro polos propios usuarios.

Tamén tiveron ocasión de coñecer a Casa do Concello, as súas dependencias e o traballo que desenvolve o persoal municipal. O alcaldes entregoulles, como regalo institucional, unha figura co mapa de Valga e as súas cinco parroquias e o pin e a bandeira do municipio, que nestes días ondea xunto á de Estonia na Casa Consistorial e no Auditorio Municipal, edificio ao que tamén se achegaron. Alí uneuse á expedición a concelleira de Turismo, Malena Isorna.

O percorrido por Valga continou pola a área fluvial de Vilarello, novo embarcadoiro de Santa Cristina e outros dos espazos que coñeceron Maarja Mägi e Tõnu Vahtra foron a Mina Mercedes e Porto Piñeiro, explicándolles os representantes municipais o proxecto de recuperación que o Concello pretende desenvolver. A parada no Belén Artesanal, un dos recursos turísticos máis relevantes de Valga, era tamén obrigada.

Pola tarde continuarán descubrindo a cultura valguesa con visitas ás fervezas de Parafita, ao Museo da Historia e ao Centro de Interpretación da Caña do País, onde poderán seguir a cata final do Concurso da Caña.

Mañá participarán nos actos da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e o domingo emprenderán o regreso cara Estonia, pero os contactos entre ambas localidades continuarán en breve, pois en setembro está prevista a visita de tres profesores do instituto de Valga-Estonia para desenvolver actividades educativas e culturais co noso IES.

Estonia2 Estonia3

Estonia4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver