Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao showcooking asistiron máis dunha trintena de persoas, entre elas varios hosteleiros valgueses

- Ofrecéronse trucos e consellos para crear pratos de pequeno formato co peixe do Ulla como protagonista

Destapa1

Valga, 28 de xullo de 2022.

O Agosto Gastronómico 2022 arrancou onte cos chefs Fran Jamardo, Coque Fariña e Rocío Garrido aos fogóns e co Centro de Interpretación da Caña do País como escenario no que se deron cita máis de trinta persoas para asistir ao showcooking “Destapa a anguía”, no que se cociñaron en directo varias tapas creativas realizadas con este peixe do Ulla.

O obradoiro centrouse nas elaboracións de pequeno formato para ofrecer ideas de cara á próxima Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”, que se celebrará as dúas últimas fins de semana de agosto. De feito, asistiron ao showcooking varios hostaleiros valgueses.

As indicacións e explicacións dos chefs non estiveron tan orientadas á elaboración ou cocción da anguía, senón á preparación dos petiscos e á súa presentación, ofrecendo diferentes versións da mesma tapa con diferentes bases ou distintos empratados, aproveitando a versatilidade deste produto.

Foron cinco as tapas coas que traballaron os cociñeiros de Indo e Vindo Gastronomía. A degustación arrancou cun craquer de avea e alga nori con anguía frita en dúas texturas e con emulsión de pementos de Padrón e continuou cun taco vexetal de anguía con cebola francesa, setas e maionesa de aguacate.

Outras das elaboracións, que se maridaron con viño da adega valguesa Torres Augusti, foron unha deconstrución de croqueta que tiña como ingredientes anguía, bechamel, pan frito e cebola crocante e unha tosta de anguía á barbacoa coa base de pan de chía e acompañada de cebola frita, tacos de mango e unha pipeta de zume de lima.

Para pechar o menú serviuse unha tapa máis tradicional, un guiso de anguía con fabas brancas e verduras.

As seguintes actividades do Agosto Gastronómico serán un obradoiro de cociña para nenos e o concurso Anguía Chef, dirixido a mozos, para os que xa está aberto prazo de inscrición. Ademais, durante o mes de agosto haberá outros tres showcookings nos que se elaborarán pratos e cócteles con anguía e caña.

Destapa2 Destapa3

Destapa4 Destapa5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver