Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Visitouna no seu domicilio de Coto acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna

- Agasallárona un ramo de flores e unha torta, na que soprou as candeas

Regina102 1

Valga, 27 de xullo de 2022.

A centenaria Regina Grela Fernández celebra hoxe o seu aniversario. Esta veciña do lugar de Coto (Campaña) cumpre 102 anos e, para celebrar con ela esta data, o alcalde, José María Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio, acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna.

Os representantes municipais agasallárona, en representación de todos os valgueses, cun ramo de rosas, unha torta e doces. Regina, que ten unha filla, catro netos e media ducia de bisnetos, recibiunos con moita ledicia e cun vestido colorido, tan característico da súa personalidade alegre e curiosa, interesándose por todos e por todo.

Como é tradición, soprou as candeas. Aínda que a principal celebración do seu aniversario tivo lugar o luns, aproveitando o festivo do Día de Galicia, cando se reuniu boa parte da familia. Aínda así, durante a xornada de hoxe tamén recibiu agasallos e visitas, coma a dos seus sobriños e bisobriña, que lle regalou unha fermosa cesta con flores.

Regina Grela, unha muller loitadora e traballadora, foi durante máis de 20 anos empregada da desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra. Actualmente é a muller máis lonxeva de Valga e a segunda persoa de máis idade do municipio, despois de Hipólito Cerqueiras, que cumpriu os 102 hai unhas semanas.

 

Regina102 2 Regina102 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver