Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na actividade deportiva, que se desenvolveu dende o luns no campo de Baño, participaron 43 rapaces

- Bello Maneiro: “É un orgullo que un club de Primeira realice un campus no noso concello”

ClausuraCampusVCF1

Valga, 15 de xullo de 2022.

O alcalde, José María Bello Maneiro, foi o encargado de clausurar esta mañá o campus de fútbol organizado polo Cordeiro e o Valencia C.F., que se desenvolveu durante toda a semana no campo municipal de Baño, coa participación de corenta e tres nenos e mozos de entre 6 e 18 anos de idade.

O rexedor estivo acompañado pola concelleira Carmen Gómez no acto, ao que tamén asistiron dous representantes da Federación Galega de Fútbol: o vicepresidente e tesoureiro, Luis Serantes, e o delegado en Santiago, Javier Reyes Rodríguez.

Bello Maneiro destacou que para o Concello é “un orgullo e unha grande satisfacción que un club de Primeira, coma o Valencia, realice un campus no noso municipio” e felicitou ao Cordeiro polo traballo realizado para que esta actividade fora posible por segundo ano consecutivo e “polo labor de ensinanza” que realizan durante todo o ano cos rapaces.

O alcalde entregou como agasallo a Rafa Murgui, representante da escola do Valencia que dirixiu os adestramentos do campus, unha botella conmemorativa da última Mostra da Caña do País. O adestrador destacou “o esforzo e interese” amosado polos participantes durante toda a semana e tivo palabras de agradecemento aos directivos do Cordeiro polo recibimento que lle brindaron.

“Temos campus en diferentes lugares de España e varios países do mundo, pero eu priorizo vir a Valga porque tanto este ano coma o pasado comprobei que os rapaces que participan son excepcionais e teñen moita implicación e porque, ademais, hai que protexer aos clubs coma o Cordeiro, que realizan un traballo de formación moi importante”. Murgui fíxolle entrega ao presidente do Cordeiro, José Ramón Seco, dunha camiseta asinada por Hugo Guillamón, futbolista do primeiro equipo do Valencia ao que el adestrou en varias categorías base.

Os representantes da Federación, pola súa parte, referíronse ao Cordeiro coma “un club humilde pero que sempre apunta alto” (e esta campus e unha mostra máis) e destacaron “as instalacións deportivas de primeira” coas que conta o Concello.

Os rapaces que participaron no campus recibiron un diploma, unha medalla e un “kit” do Valencia formado por unha bolsa, unha camiseta e unha gorra.

 

ClausuraCampusVCF2 ClausuraCampusVCF3

ClausuraCampusVCF4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver