Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O taller, iniciativa da Consellería do Mar, promove o consumo de produtos frescos do mar de Galicia

- Os rapaces coñeceron diferentes especies de peixe, mariscos e algas e fixeron unha coreografía

Peixe1

Valga, 13 de xullo de 2022.

Os rapaces da Escola de Verán asistiron esta mañá á actividade “Ti si que es un bo peixe”, unha iniciativa organizada en colaboración coa Consellería do Mar co dobre obxectivo dar a coñecer e promover o consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre os cativos e contribuír a que as súas dietas alimentarias sexan equilibradas, ao incidir nos aspectos saudables do consumo de peixes e mariscos.

O obradoiro que se desenvolveu nas instalacións do CEIP Baño-Xanza constou de varias actividades relacionadas co coñecemento de diferentes especies mariñas, en concreto cinco peixes (pescada, sardiña, peixe sapo, linguado e robaliza), tres mariscos (nécora, percebe e vieira) e unha alga (argazo).

Á través de fotografías, paneis e vídeos, os rapaces puideron coñecer onde viven estas especies, como é o seu hábitat natural e como se poden extraer do mar. Tamén lles presentaron diferentes ideas para o seu consumo, con receitas de cociña novidosas e sorprendentes que fan estes produtos moito máis atractivos e apetitosos para os cativos.

Outra das canles empregadas para conectar co público infantil foi a música, a través dunha coreografía coa que os nenos acompañaron a proxección dun vídeo-karaoke no que a letra facía referencia aos contidos do obradoiro.

A Escola de Verán, unha actividade gratuíta organizada polo Concello co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, deu comezo o pasado día 4 de xullo. Nesta primeira quenda están a participar un total de 52 rapaces, que realizan actividades lúdico-formativas que fomentan valores baseados na igualdade e na concienciación por un mundo máis xusto, igualitario e respectuoso.

Peixe2 Peixe3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver