Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade deportiva estreouse esta mañá e prolongarase ata o sábado

- Rafa Murgui, da escola do Valencia C.F., dirixe as sesións de adestramento

ValenciaCampus1

Valga, 11 de xullo de 2022.

Corenta e tres nenos e mozos, de entre 6 e 18 anos de idade, danse cita esta semana no campo municipal de Baño para participar no campus de fútbol organizado entre o Cordeiro e o Valencia C.F.

É a segunda edición desta actividade, que deu comezo esta mañá e se prolongará ata o sábado, con dobre sesión de adestramento cada día dirixidas por Rafa Murgui, adestrador da escola do Valencia C.F. O obxectivo é “intentar implantar a nosa metodoloxía e exportar o noso modelo, baseado no lema ‘Educar persoas, formar futbolistas’. Que os nenos o pasen ben con nós a través de adestramentos individualizados nos que terán moito contacto co balón”.

Nas sesións desenvolverán diferentes tarefas para mellorar as súas habilidades técnicas e tácticas e, ao remate de cada xornada, disputarán un partido no que por en práctica as aprendizaxes adquiridas.

José Ramón Seco, presidente do Cordeiro, destaca que trala experiencia inicial do ano pasado, “o Valencia amosou moito interese en poder repetir”, como tamén confirma Rafa Murgui: “O ano pasado rematamos encantados de como se desenvolveu o campus e gustounos moito o modelo do Cordeiro, cos pais e familias dos xogadores moi involucrados no club”.

ValenciaCampus2 ValenciaCampus3

ValenciaCampus4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver