Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os recoñecementos recaeron en alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo, do IES de Valga e do Centro Superior de Música

- O acto contou coa presenza do alcalde, inspector xefe provincial e representantes da comunidade educativa

Expedientes22 1

Valga, 8 de xullo de 2022.

O Concello rendeu onte homenaxe aos estudantes dos centros educativos de Valga que máis sobresaíron durante o curso 2021-2022. O acto, que se celebrou no Auditorio Municipal, contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, Inspector Xefe Provincial, Manuel Torres, os directores dos centros educativos do municipio, e outros representantes da comunidade educativa local, así coma familiares dos estudantes recoñecidos.

Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Antía Torres Hermo, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Ian Jamardo Jamardo, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foi recoñecido Mateo García Piñeiro, mentras que en Bacharelato os mellores expedientes foron os de Alicia Iglesias Quintáns, na rama de Ciencias, e Iris Barros Blanco e Sara Rodríguez Gómez, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

En Formación Profesional Básica, na especialidade de Fabricación e Montaxe, o alumno máis destacado foi Mario Santos Souto. No Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría o recoñecemento recaeu en Miguel Busto Porta e no Ciclo Superior de Construcións Metálicas, en Luís Miguel Pérez.

No referido á ensinanza musical, o estudante da Centro Superior de Música co mellor expediente foi Martín Manuel Chaves Fraga, na especialidade de Piano.

Os galardoados recibiron un diploma, una placa conmemorativa e unha tablet, esta última aportada pola Consellería de Educación.

O alcalde felicitou aos homenaxeados, coma exemplo do esforzo e do traballo. “Estes mozos son un orgullo para nós”, sinalou, ademais de recoñecer o labor dos seus mestres e familias, especialmente nos últimos cursos marcados pola pandemia. “Pola nosa parte, dende o Concello seguiremos traballando para conseguir novas mellores para os nosos centros” e para poder contar coa maior oferta educativa posible, que ofreza alternativas formativas e laborais para os mozos de Valga.

En representación dos centros educativos, tomou a palabra a directora do CEIP Baño-Xanza, Eva Zumalave, que se referiu aos homenaxeados como “alumnos exemplares”, que teñen como cualidades comúns “o talento e a perseveranza”. “O voso esforzo, constancia e ilusión fan que se abran cada vez máis portas para o voso futuro”, remarcou.

Por último, en representación da Consellería de Educación, o inspector xefe provincial, quen dixo que mozos coma os recoñecidos onte fan que “Valga brille con luz propia”, ao tempo que felicitou ao Concello por “visibilizar a Educación e o traballo que se fai neste ámbito”, tanto dende as administracións, coma dende as familias, que dan soporte aos estudantes nos momentos máis delicados, e por parte dos equipos docentes, que “son quen de catapultar aos seus alumnos á excelencia”.

Expedientes22 2 Expedientes22 3

Expedientes22 4 Expedientes22 5

Expedientes22 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver