Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Turismo de Galicia aporta 128.000 euros para desenvolver accións de promoción e atraer peregrinos aos catro concellos asociados

- Bello Maneiro agredeceu á administración autonómica “o seu apoio para dar un pulo ao sector turístico no noso territorio”

ConvenioMardeSantiago1

Valga, 6 de xullo de 2022.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Turismo, Malena Isorna, participaron esta mañá no acto de sinatura do novo convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e Mar de Santiago, iniciativa que promociona a ruta marítimo-fluvial a Santiago e na que Valga participa xunto aos concellos de Pontecesures, Catoira e Vilanova de Arousa.

A Xunta de Galicia aporta 128.190 euros para o desenvolvemento de diferentes accións que contribúan a publicitar e atraer peregrinos a Mar de Santiago para coñecer a orixe de todos os Camiños de Santiago e tamén os recursos turísticos dos catro concellos agrupados nesta marca.

Entre as iniciativas que se levarán a cabo atópase a colaboración con turoperadores que “vendan” o produto Mar de Santiago e a posta en funcionamento do proxecto de transportes, que inclúe un servizo de autobús que traslade aos peregrinos dende Compostela ata o territorio Mar de Santiago para percorrer a mesma ruta que fixeron os restos do Apóstolo e, ademais, achegarse ata os catro concellos para visitar as súas principais infraestruturas e espazos turísticos.

Outras das accións incluídas no convenio son a presenza en feiras e eventos turísticos e o deseño e distribución de material promociona.

No transcurso do acto, o alcalde agradeceu a Nava Castro e ao departamento de Turismo da Xunta “o traballo que realizan e o seu apoio para dar un pulo ao turismo na nosa comarca e nos concellos de Mar de Santiago. Este convenio, o segundo que asinamos, vai supor un reforzo importante para promocionar o noso territorio”.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou aos catro concellos polo esforzo que están a facer “para que os peregrinos que chegan a Galicia coñezan a ruta do mar de Arousa e río Ulla e saiban que o remonte pódese facer todos os días do ano”. E para iso, incidiu, é necesario contar coas infraestruturas de transporte necesarias e ofrecer servizos aos peregrinos, cuestións ás que vai enfocado o convenio asinado hoxe.

ConvenioMardeSantiago2 ConvenioMardeSantiago3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver