Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participan nas competicións de fútbol, brilé, Cangrexo, carreiras de sacos e unha ximnana

- Repartiranse 1.500 euros en premios entre os gañadores

Olimpíadas22 1

Valga, 2 de xullo de 2022.

A praia fluvial de Vilarello acolle dende esta maña unha nova edición das Olimpíadas da Aldea, con dez equipos competindo por acadar as medallas en cinco disciplinas deportivas e xogos.

Avenida da Coruña, Parafita, Casal de Eirigo, Sixto, Cernadas, Gándara, Baño, Rengengo, Vilarello e Campaña son os equipos que dende media mañá están a disputar as rondas eliminatoras de fútbol praia e brilé e, a partir das catro da tarde, continuarán estas competicións e engadiranse outros tres xogos: o Cangrexo (unha carreira a catro patas boca arriba), carreiras de sacos cooperativos (catro participantes saltando á vez nun saco de grandes dimensións) e unha divertida ximnaca que inclúe salto de alpacas, canasta, tanque de auga, rolo, caixón de cordas e baño de lodo outros obstáculos.

Os gañadores de cada competición acadarán a medalla de outro e 200 euros e os segundos clasificados, a medalla de prata e 100 euros. O equipo que máis medallas de ouro acade será o campión absoluto das Olimpíadas. Tamén se entregará un trofeo á deportividade.

Tralas competicións deportivas, pola noite será o turno das actividades musicais, coas actuacións dos Festicultores e Heredeiros da Crus.

Olimpíadas22 2 Olimpíadas22 3

Olimpíadas22 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver