Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Consello da Xunta aprobou a comezos deste mes de xuño o decreto de declaración

- Patrimonio considera que se trata dun exemplo de sistema de transporte industrial “único” na nosa comunidade

Vagonetas Torre1

Valga, 30 de xuño de 2022.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que polo se declara a antiga liña de vagonetas aéreas de Novo y Sierra como Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de monumento e como patrimonio industrial. Este decreto foi aprobado a comezos deste mes de xuño polo Consello da Xunta despois de que o Concello, por acordo plenario de novembro de 2019, solicitara a incoación do procedemento.

Os informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural indican que os restos do funicular para o transporte de arxila e materiais cerámicos entre a Mina Mercedes e o río Ulla constitúe “o único exemplo que pode ser conservado dunha tipoloxía industrial moi presente e relevante en Galicia, a da produción cerámica”. Este circunstancia e máis a súa orixe, datada en 1927, “fan que sexa un exemplo único na Comunidade Autónoma”, conclúe.

O decreto publicado hoxe ordena a inscrición da liña de vagonetas aérea no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e aplica o réxime protección establecido na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia para os restos conservados: sete torres e a zona de embarcadoiro.

O antigo funicular, que estivo en funcionamento durante máis de 80 anos), conectaba a Mina Mercedes coa antiga fábrica de cerámica Novo y Sierra e co porto no río Ulla. Da totalidade da liña, os restos conservados limítanse ao tramo comprendido entre a vía ferroviaria e o río.

As torres de celosía metálica dispuxéronse segundo o sistema alemán Bleichert, no cal dous cables permitían a circulación pechada de ida e volta combinando a suspensión e o percorrido por carrís dunhas vagonetas capaces de transportar máis de 300 quilogramos.

A zona de embarcadoiro completaba o sistema de soporte de material cerámico cun cantil de forma poligonal cara o río executado en fábrica de ladrillo, cun piar central que sostiña a última das rodas do sistema de xiro. Os restos deste embarcadoiro atópanse actualmente protexidos por un novo dique perimetral, despois da documentación e rexistro arqueolóxico de todos os elementos.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver