Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os vándalos causaron estragos en sinais de tráfico e en numerosos contedores do lixo

- O Concello poñerá os feitos en coñecemento da Garda Civil para tratar de identificar aos autores

SanXoan1

Valga, 28 de xuño de 2022.

O goberno municipal condena os actos vandálicos acontecidos no noso municipio durante a noite de San Xoán, unha data que debería ser de celebración e ledicia pero na que, lamentablemente, algunhas persoas aproveitaron para causar danos tanto en bens de propiedade privada coma en infraestruturas públicas, sendo os principais prexudicados os veciños de Valga, que ven minguada a calidade dos servizos debido aos estragos provocados.

Parte dos danos detectados nestas xornadas posteriores ao San Xoán producíronse na sinalización de diferentes estradas locais. Os vándalos danaron e dobraron sinais de tráfico en zonas coma Baño ou Vilar, comprometendo a seguridade viaria e poñendo en risco aos usuarios destas estradas.

Outro dos servizos que se viu afectado foi o de recollida de lixo, ao aparecer múltiples contedores envorcados e tirados en fincas e parcelas, co lixo ciscado.

Despois de facer unha relación dos bens municipais que resultaron danados, o Concello vai poñer a información da que dispón en coñecemento da Garda Civil para tratar de identificar á persoa ou persoas responsables destes estragos.

SanXoan2 SanXoan3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver