Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Algúns dos solicitantes están pendentes de completar a documentación, para o que teñen de prazo esta semana

- As actividades darán comezo o vindeiro luns, 4 de xullo, no colexio de Baño

EscudoConcelloo

Valga, 28 de xuño de 2022.

O Concello recibiu un total de setenta inscricións para participar nas actividades da Escola de Verán, que se desenvolverán durante xullo e agosto. Esta é unha iniciativa gratuíta, aberta a rapaces empadroados en Valga e nados entre os anos 2010 e 2018, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante os meses estivais nos que non hai actividade educativa nos colexios.

As listas de admitidos nas dúas quendas (xullo e agosto) poden consultarse a partir de hoxe a través da seguinte ligazón: https://www.valga.gal/educacion/novas/3436-lista-de-admitidos-na-escola-de-ver%C3%A1n. Algúns dos solicitantes están pendentes de completar a documentación requerida, para o que teñen de prazo o que resta desta semana.

O vindeiro luns, 4 de xullo, darán comezo as actividades da Escola de Verán, un espazo lúdico-formativo no que se fomentarán valores baseados na igualdade de xénero e na concienciación para construír un mundo máis xusto, igualitario e respectuoso. Desenvolveranse no recinto do CEIP Baño-Xanza en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres (agás festivos). A primeira quenda prolongarase ata o 29 de xullo e a segunda abarcará entre o 1 e o 26 de agosto.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver